A CASA DAS ABELLAS

HISTORIA DUNHA PINGA DE MEL

As flores e as abellas

Ao chegar a primavera florecen as plantas e atopamos as abellas
chupándolles o néctar que levan á colmea para faceren o mel.
Tamén levan o pole e, de paso, as flores son polinizadas
polas abellas, o que dá lugar a froitos, sementes e novas plantas.

A casa das abellas

A colmea é a casa das abellas, no seu interior hai panais
de cera con alvéolos que serven para almacenar a comida e
tamén para a cría de novas abellas. É coma un pequeno laboratorio
onde se elabora o mel e vive o enxame.

O enxame

O enxame é unha familia de miles de abellas,
a maioría son obreiras que fan os panais, aprovisionan a comida,
axudan a criar abellas e defenden a colmea.
A única mestra é a nai de todas as abellas, é unha raíña.
Tamén hai algúns centos de abázcaros, machos.

O apicultor

O apicultor é un pastor de abellas que garante a biodiversidade
das especies vexetais, coidaas e extráelles o mel. Ten un traxe
especial para que non o piquen e un afumador para controlalas.

O mel

É un líquido espeso e doce que se forma a partir do néctar
das flores. Hai meles de moitas cores, sabores e aromas, depende
das flores onde van as abellas, pero todos eles proporciónanlle
ao organismo unha enerxía natural, con propiedades
terapéuticas recoñecidas desde a antigüidade.
É moi bo tomar todos os días unha culler de mel
ao almorzo.

CENTRO DE DIVULGACIÓN APÍCOLA