A CASA DAS ABELLAS

VISITAS-TALLER PARA ESCOLARES DE PRIMARIA

Programa

. Visita comentada

As abellas e as plantas.
Que fan as abellas nas flores?
As abellas son insectos sociais beneficiosos.

A colmea é a casa das abellas, aquí vive o enxame.
O panal serve para críar abellas e almacenar a comida.

O abelleiro é un pastor de abellas.
Vestidos de abelleiros e co botafumeiro,
imos visitar as abellas.

. Talleres

Na melería extraemos o mel do panal.
Envasamos un tarriño de mel.

Coa cera das abellas facemos velas.
Imos pintar a historia dunha pinga de mel.

Os produtos das abellas son beneficiosos
para a nosa saúde.
Proba de meles. Saborosos, naturais, sans, diferentes...
Cal che gusta mais?

CARACTERÍSTICAS
  • - Duración da visita: 2 horas
  • - Horario: de luns a venres a partir das 10 h da mañá
  • - Máximo de participantes por sesión: 50 escolares
  • - Observación: é preciso concertar a visita previamente.
  • - Prezo: 7 Euros por escolar
  • - Cada escolar levará consigo
    unha bolsa cos distintos materiais elaborados
  • - Cada colexio levará unha publicación
    sobre o mundo das abellas

CENTRO DE DIVULGACIÓN APÍCOLA